Para conmemorar a semana do libro os nenos e nenas de 3 anos tiveron a visita de Elisabet, a nai de Leire que lles contou dous contos para explorar emocións e reflexionar. Moi divertidos!
sábado, 23 de abril de 2022
Contacontos en familia
martes, 19 de abril de 2022
Semana do Libro
Contacontos en familia
Continúan as sesións de "Contacontos en Familia"
Tivemos a sorte que compartiran tempo con nós
Pili, a nai de Ángel da aula de 4 anos.
luns, 18 de abril de 2022
Cadeas de brincadeiras
Para que sexa máis fácil, lembramos os xa nominad@s:
Infantil
3 anos: Leire, Bruno, Paula e Sergio
4 anos: Sofía, Pablo, Sara, Serafín, Xoel, Ángel, Naila, Matías, Erea..
5 anos: Ainoa, Ainara, Uxía, Lucas, Naila, Xián, Luz, Hugo, Irene, airoa e Marcos.
Primaria
1º/2º: Mateo, Yaiza, Yoana, Yasmina, Gael, brenda e Nico.
3º/4º: Aroa, Andrea, Iria, Gabi, Dani, Erik, Aitor, Alén, Iris, Sabela, alex e Kevin.
5º: Hugo, Elenna, Aron Otero, Karla, Julia, Yeray , Rodrigo Carrasco, Arón Vega e Rodrigo Corredoira.
6º: Noa, Pierina, Ellie, Abrahan, Aldán, Nico, Iber, Marta, Daniela, Alex Tato e Brais.
Profesor@s: Eli, Tena, Mariola, María, María Teacher, Álvaro, Alba, Tomás, Edita, Guiomar, Aneli, Serafín, Sandra, Rocío, Andrea e Carla.
Noe e Elizabet, as nosas coidadoras; Raúl e Motse, cociñeiro e cociñeira do noso cole.
sábado, 9 de abril de 2022
8A Día Internacional do Pobo Xitano
O Día Internacional do Pobo Xitano conmemórase o 8 de abril. Esta data lembra o Primeiro Congreso Mundial romaní/xitano celebrado en Londres o 8 de abril de 1971 no que se instituíu a bandeira e o himno xitano.
A bandeira é verde e azul, simbolizando o ceo e o campo, cunha roda de carro vermella no centro, que simboliza o camiño desde a India e a liberdade. O himno xitano, Gelem, gelem (Andei, andei), foi composto por Jarko Jovanovic e lembra aos xitanos e xitanas vítimas do nazismo.
No 4º Congreso Internacional Xitano en Serok, Polonia, designouse o 8 de abril como Día Internacional do Pobo Xitano en recordo daquel Congreso de Londres.
Desde hai uns anos a data do 8 de abril está a adquirir gran notoriedade, servindo de ocasión para distintas celebracións e comunicacións por parte de múltiples institucións nacionais e internacionais.
A Cerimonia do Río é unha destas celebracións que se realiza en moitas localidades. Nela as mulleres lanzan pétalos de flores nos ríos e os homes encenden velas en recordo dos seus antepasados.
Cadea de brincadeiras
Luz e Lucas da aula de 5 anos comparten as súas brincadeiras con nós!
Para que sexa máis fácil, lembramos os xa nominad@s:
Infantil
3 anos: Leire, Bruno, Paula e Sergio
4 anos: Sofía, Pablo, Sara, Serafín, Xoel, Ángel, Naila, Matías, Erea..
5 anos: Ainoa, Ainara, Uxía, Lucas, Naila, Xián, Luz, Hugo, Irene, airoa e Marcos.
Primaria
1º/2º: Mateo, Yaiza, Yoana, Yasmina, Gael, brenda e Nico.
3º/4º: Aroa, Andrea, Iria, Gabi, Dani, Erik, Aitor, Alén, Iris, Sabela, alex e Kevin.
5º: Hugo, Elenna, Aron Otero, Karla, Julia, Yeray , Rodrigo Carrasco, Arón Vega e Rodrigo Corredoira.
6º: Noa, Pierina, Ellie, Abrahan, Aldán, Nico, Iber, Marta, Daniela, Alex Tato e Brais.
Profesor@s: Eli, Tena, Mariola, María, María Teacher, Álvaro, Alba, Tomás, Edita, Guiomar, Aneli, Serafín, Sandra, Rocío, Andrea e Carla.
Noe e Elizabet, as nosas coidadoras; Raúl e Motse, cociñeiro e cociñeira do noso cole.
xoves, 7 de abril de 2022
2A Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo - I parte -
Con distintas actividades ao longo do mes de abril, nas nosas aulas traballaremos a concienciación sobre o autismo seguindo a campaña da Federación Española de Autismo:
Teranse en conta os coñecementos previos do alumnado, faranse distintas tarefas de investigación, visionado de vídeos, lectura de libros e exposicións.
Os nenos e as nenas de 3 anos, coñeceron cousas sobre o autismo que lles contou "Caillou" e debuxaron aquelas cousas que lles fan felices.






.png)























