domingo, 19 de decembro de 2021
#DíadosDereitosHumanos
A proposta de Faiuco "as túas ideas e achegas tamén contan" levada a cabo polo alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria.
sesións de debate e reflexión onde todas as opinións suman!
Fomentando a oralidade
Representación e renarración do conto "Chivo Chivóns" polo alumnado de 4 anos de Educación Infantil.
Programa de Bibliotecas Escolares Solidarias -Voluntariado de Lectura - A
O noso centro foi seleccionado pola la Consellería de Educación para participar no programa bibliotecas escolares solidarias.
O PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares contempla entre os seus obxectivos para o período 2016-2020 o de "avanzar na consecución dunha biblioteca escolar inclusiva", así como o de "incentivar o uso das bibliotecas escolares por parte das comunidades educativas".
O Voluntariado-A, ten por finalidade estimular o voluntariado cultural relacionado coa biblioteca escolar e a lectura, entre o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.
Polo tanto, noso centro contará cun número de alumnado colaborador nas distintas tarefas da biblioteca: apadriñamentos e amadriñamentos lectores, formación de novos usuarios, actividades e propostas de animación á lectura, organización...
Esta iniciativa tivo moita aceptación entre os nenos e nenas!
martes, 14 de decembro de 2021
Reducir, reutilizar, reciclar
Dende o Concello de Begonte, charla sobre a xestión do lixo, un pouquiño de repaso, máis a noticia dun punto limpo móbil na nosa contorna.
domingo, 12 de decembro de 2021
A biblioteca que imaxino
Xa queda pouco para inagurar a nosa nova biblioteca! A volta das vacacións gozaremos das novas instalacións.
Os nenos e nenas de noso cole a imaxinaron cunha morea de ideas creativas!
Con pistas e montañas de coches, xoguetes, libros e máis libros!
Esquíos, patos, arañas, flores, contos e un pracer de "gotitas" de chovia!
máis e máis contos, un espazo maker, sofás e ata unha cama para descansar de tanta actividade! noN falta a nosa mascota Faiuco nin o noso amigo Connor ...
Unha biblioteca verde con variedade de árbores, escaleiras infinitas de libros, robots e bichiños que ordenan contos...
Un espazo para experimentar e descubrir, participar e compartir, indagar e encontrar outras alternativas onde se valore a singularidade de cada lector.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




.jpg)