venres, 3 de maio de 2024

2M Día Mundial Contra o Acoso Escolar

 Acabar co bullying é unha tarefa que nos compete a todos e todas.

 


O 2 de maio foi a data escollida para manifestarnos en contra do acoso escolar, non só hoxe temos que poñernos en contra da violencia nos centros escolares, pero si é o momento para concenciar sobre os riscos e falar dos mecanismos que podemos adoptar para frear certas actitudes e comportamentos.

 




Non podemos torcer a cara ante unha problemática que afecta a tantos e tantos nenos e nenas. 

Por iso, unímonos a esta celebración visionando unhas cantas curtas que teñen o obxectivo de concienciar os danos e os perigos derivados do acoso escolar.

 


Logo, cada grupo fixo a súas reflexións sobre o traballado nas aulas para elaborar a exposición das " mans brancas".

 





Nós, dicimos que non ao acoso escolar!!

#sebuscanvalientes

 


xoves, 2 de maio de 2024

Cadea de Lectura

 Na lectura de hoxe, temos a participación dunhas das alumnas mais pequenas do cole. Con moito entusiasmo; cóntanos unha historia sobre o medo. e ti, a que tes medo?




 Que ben Mía! 
Fantástica a túa lectura!


Os nomeados son: Ander e Ares de 3 anitos. noraboa!

martes, 30 de abril de 2024

Semana do Libro

No mes de abril celebramos unha das semanas máis significativas para as nosas bibliotecas, o día do libro, que conmemoramos con varias actividades nas que poñemos en manifesto o noso agarimo pola Casiña de Faiuco: animación á lectura, talleres de banda deseñada, contacontos, lecturas compartidas, itinerarios lectores, obradoiros de debuxo...

creative week!!

Tendo en conta a proposta de Bibliotecas Escolares de traballar coa banda deseñada; na nosa escola o tempo de lecer na biblio estaba dedicado a crear, escribir, deseñar ou compartir viñetas.

Divertímonos coa banda deseñada!! velaquí a exposición!



 

Para elo, organizamos tres obradoiros. Nun empregamos plantillas de viñetas graciosas e divertidas,  nas que o noso alumnado creaba as historias tendo en conta o tipo de bocadillos: gritar, pensar, chorar, conversar ou narrar.



Logo, con recortes de debuxos, tiñamos a posibilidade de facer nós mesmos o deseño das viñetas, tanto escoller personaxes como tipo de bocadillos e crear as propias historias. A imaxinación voaba en cada creación!



E por último, coa axuda dunha APP "Comica" puideron crear as súas viñetas con fotos reais e colocar efectos, gifs, emoticonos, bocadillos... unha proposta libre, persoalizada e creativa.





O alumnado de Educación Infantil tamén quixo levar esta proposta á aula, botade un ollo as historietas tan cómicas que inventaron.





Certo é, que os alumnos de 5 anos xa fixeran un conto de banda deseñada para agasallar a Ana Meilán pola súa visita a nosa biblio.

Cómic para Ana Meilán




 rematamos a semana, que dedicamos á banda deseñada, coa visita de Pablo Moledo cun obradoiro de debuxo moi entretido. 

Un aire fresco de posibilidades, inspiracións, técnicas, xogos... para despertar ou fomentar a nosa creatividade no debuxo.





unha "Semana do Libro" 
moi dinámica e divertida!

Lembrade que tamén estamos en 

Clicade na imaxe


venres, 26 de abril de 2024

Cadea de Lectura

Parece que as profes están moi animadas coa lectura!

Nesta ocasión, a profe Alba de EI e o seu gatiño Fermín 

achéganos unha poesía De Gloria Fuertes.

Gatos constipados?




Encantounos!
Moitas grazas a ti e a Fermín!

Os nomeados son: Valeria e Gael de educación Infantil. 

Esperámovos prontiño!


xoves, 25 de abril de 2024

Visita de Ana Meilán

 O que a serea esqueceu, Bágoas debaixo da cama, O aire do lobo Rigoberto, Oito patas, Palmira, Quen vén esta noite?...

Siiii!!! A Casiña de Faiuco recibe a esta escritora lucense.

 

 

Ana Meilán é a nosa aposta para conmemorar a semana do libro, que mellor que facelo con ela; pois o noso alumnado coñece as súas publicacións, é da contorna, anímanos a ler, conta os contos dende o corazón...

Durante a xornada do 24 de abril, o noso alumnado puido gozar de tres sesións coa escritora, por suposto adaptadas ás idades dos lectores e lectoras.

 

 

Comezou Educación Infantil asistindo a un contacontos do libro "As chaves dos soños". Adele convidou aos peques do cole a gardar nos seus caixóns as chaves que abren os seus soños, aquelas que están atadas a un lazo azul. e metemos todas as noites debaixo da almofada.

 

 
 

 

 

O alumnado de 1º a 4º Educación Primaria sellaron os pasaportes para viaxar na súa maleta " Un universo na túa maleta", pois nun determinado momento ábrese todo un mundo que hai que explorar. 

Uns auténticos explorador@s de contos!!

 

 

 


Os maiores do cole fixeron unha sesión fantástica con " O que a serea esqueceu", escribir diaramente para non esquecer, coleccionar momentos... poñernos ao tanto do poder que ten desexar con tadas as nosas forzas algo.

Un encontro para pensar, recordar, gardar, fantasear e desexar. 

E incluso, crear unha cápsula do tempo!! Quen a abrirá?

 

 
 
 
 
e para rematar, os nenos e nenas de 5 anos fixeron a entrevista a nosa convidada en radio corpiño.

escoitádea, non a podedes perder!

 






Grazas Ana por animarnos a leer coas túas historias.





Un gusto terte pola
 Casiña de Faiuco Ana!!


mércores, 24 de abril de 2024

Alimentación saudable


 

Queremos seguir apoiando e axudando ás familias da nosa comunidade educativa na difícil tarefa de educar aos nenos e nenas!

 Este mércores, 24 de abril, levamos a cabo unha sesión de 2 hora de Formación sobre

alimentación infantil: presencial, práctica, dinámica e participativa, impartida por unha dietista-nutricionista profesional de nutricoles.

 

 

Como anunciáramos abordamos os seguintes obxectivos:

- Coñecer os conceptos básicos para manter unha alimentación saudable en familia e aprender a planificar o menú semanal e preparar comidas saudables para nenos e nenas.

- Aprender a interpretar a etiquetaxe dos alimentos. 

 

Moitas grazas a nutricole

por poder contar con eles

un ano máis!!    

 

 

martes, 23 de abril de 2024

Cadea de Lectura

Ola! seguimos coa cadea! 

e sabedes unha cousa... é unha profe, moi pero moi divertida! da un pouquiño de medo, iso si!

Escoitámola? 

Moitísimas grazas Genma

 pola túa dedicación! 

 

Os nomeados son: Mía de 3 anos e Enzo de 4 anos. Esperamos pronto as vosas propostas de lectura!