martes, 24 de maio de 2016

Letras Galegas 2016


Durante a semana pasada levamos a cabo numerosas actividades no centro para conmemorar a celebración do Día das Letras Galegas, adicado neste ano 2016 ao gran escritor da Terra Chá, Manuel María.

Faiuco é astronauta, tamén en cómic!


Na materia de Lingua Castelá, os nenos e nenas de terceiro e cuarto aprenderon en que consiste un cómic, e cales son todos os elementos e pasos a seguir necesarios para súa elaboración. E nada mellor que darlle caña á banda deseñada cunhas divertidas historias de Faiuco no espazo!

Visitamos a Casa-Museo de Manuel María!


Como ben sabedes, o Día das Letras Galegas deste ano adicouse a un gran escritor, Manuel María, nado nun concello que temos moi cerquiña do cole, en Outeiro de Rei. Antes de culminar a celebración do Día das Letras galegas 2016 no cole, todos os nenos e nenas do Virxe do Corpiño tivemos a gran sorte de visitar a súa casa-museo, a coñecida Casa de Hortas.

martes, 10 de maio de 2016

venres, 6 de maio de 2016