luns, 2 de maio de 2022

Contacontos en famila

 Temos moitísima sorte en Infantil! Seguimos contando con familias que veñen a compartir tempo con nós! 

Escola e familia, xuntos na formación de futuros lectores! 

Sen dúbida, o noso trasno atópase feliz de contar con vós e nosos peques, encantadísimos!

En 5 anos, visitounos Sonia, a nai de Marcos. Contoulles dous contos estupendos!





Autora: Silvia Penide
Ilustrador: Emilio Uberuaga


Autora: Mariana Pérez-Duarte
Ilustradora: Estrada Laura

Tamén compartiu o seu tempo con nós Ana, a nai de Hugo.





Autor: Armando Quintero Laplume
Ilustrador: Marco Somá


E por último, acompañounos Sheila, a nai de Xoel da aula de 3 anos. Leulles "El mundo de Nemo" de Walt Disney.




Moitísimas grazas 
pola vosa visita!



domingo, 1 de maio de 2022

Proxecto Documental Integrado

 Dentro do Proxecto Documental Integrado do Bosque de Faiuco, volve  

 RADIO CORPIÑO

-Investigación do alumnado de 6º curso sobre "As bidueiras" (Pica na actividade Radio Corpiño).

-Novidades na "Hortiña de Faiuco"!

-Novas fotos do coidado das nosas pitas!




mércores, 27 de abril de 2022

Espazo Maker - Proxecto Digicraf



Novas actividades!

Aprendendo sobre os virus!



Videoxogo en vivo! 

Con obstáculos reais e realidade aumentada usando o Merge Cube.




Cadea de brincadeiras




 

Canto gústalles cantar aos nenos e nenas de 5 anos!

Escoitemos a Irene coa canción das formiguiñas!



Xenial Irene! Graciñas!


martes, 26 de abril de 2022

Recital de lecturas na Casiña de Faiuco!

 

 
 
Nesta semana continuaremos realizando numerosas actividades para seguir  conmemorando o Día do Libro en colaboración co Concello de Begonte. 
 
Lecturas en Castelán co libro "Lazarillo de Tormes"; en galego, co libro "As aventuras de Breogán Folgueiras" e en inglés, co autor William Shakespeare.
 
 


E culminamos a semana coa doazón de libros a tod@s os veciñ@s de Begonte!
 
 
ESPERÁMOSVOS!
 

luns, 25 de abril de 2022

23A Día Internacional do Libro e do Dereito de Autor


"Velaí o libro: unha faísca da memoria do mundo"






Bibliotecas escolares


Dende Bibliotecas Escolares Galicia, acudiuse, como en anos anteriores, a unha persoa referente da literatura galega actual.
Neste ano, ao escritor, editor e tradutor Xosé Ballesteros, quen creou o texto original do tríptico, cedido para a difusión do Día do Libro, esa marabillosa viaxe colectiva que inician autores e autoras, ilustradores e ilustradoras, con parada en editoriais, imprentas, librarías, para atopar, finalmente, porto seguro nas nosas bibliotecas escolares. 


Por que se celebra nesta data?


O Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, foi fixado nesta data pola Unesco en 1995, porque é xusto ao redor desta data, o 23 de abril, cando morreron tres grandes da literatura universal: Miguel de Cervantes (morreu o 22 de abril e foi enterrado o día 23), William Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega. 
Con todo, moi pouca xente coñece a orixe española desta inciativa ou o feito de que nos seus inicios festexásese nunha data moi diferente: o 7 de outubro, cando se cría que nacera o creador do Quixote. 




Na "Casiña de Faiuco" tedes moitos exemplares 
que podedes ver!